sábado, 30 de mayo de 2015

As primeiras vangardas do século XX

La persistencia de la memoria 



A persistencia da memoria é un cadro pintado por Salvador Dalí no ano 1931.
A obra pertence ao surrealismo, que comezou no 1920, e que foi destacado por basearse no azar e polo emprego de técnicas automatistas.


Las señoritas de Avignon



As señoritas de Avignon é un cadro pintado por Pablo Picasso no ano 1907.
A obra pertence ao cubismo, que foi desenvolvido entre os anos 1907 e 1914, e que foi considerado a primeira vangarda xa que rompeu cos estatutos renacentistas.
Caracterízase por tratar as formas da natureza por medio de figuras xeométricas fragmentando liñas e superficies.


Mujeres en la calle



Mulleres na rúa é unha pintura realizada por Kirchner no ano 1914.
A obra pertence ao expresionismo, que comezou a principios do século XX, e que converteuse nunha das primeiras vangardas.
Caracterízase polo que defendían os expresionistas: un arte máis persoal e intuitivo, onde predominase a visión interior do artista fronte á plasmación da realidade. Tamén se di que o expresionismo é a deformación da realidade para expresar de forma máis subxectiva a natureza e o ser humano, sendo dese xeito máis importante a expresión dos sentimentos que á descrición obxectiva da realidade.


El pabellón alemán (Pavelló alemany) de Mies Van der Rohe



pabellon barcelona

O pabellón alemán é unha arquitectura pensada para albergar a recepción do rei Alfonso XIII e ás autoridades alemás, pretendendo simbolizar así o progreso dentro da cultura moderna despois da I Guerra Mundial. 
O seu arquitecto foi Ludwing Mies Van der Rohe que levou a cabo o proxecto entre os anos 1928 e 1929. 
A casa conta coa influencia da arquitectura modernista, que comezou no século XX, caracterizouse pola simplificación das formas e a ausencia de ornamento; ademáis cambiou os sous aspectos clásicos polas primerias vangardas, tamén chamadas arte moderno, como o cubismo ou o expresionismo.


Villa Saboya (de Poissy)



A Villa Saboya é unha arquitectura pensada para ser empregada como domicilio e de exemplo sobre o que deberían ser os cinco puntos para unha nova arquitectura, sendo estes: elevación sobre pilares, planta libre, fachada libre, ventá corrida e cuberta na terraza-xardín.
O aspecto dos cinco puntos caracterizou ó seu arquitecto Charles Edouard Jeanneret, máis coñecido como Le Corbusier.
O estilo considérase da arquitectura Internacional, orixinaria do século XX, e que comparte ás características máis puristas da arquitectura moderna.
 Caracterizouse polo énfasi na ortogonalidade e o uso de superficies lisas libres de ornamentos.


La Casa de la Cascada



A Casa da Cascada é una arquitectura pensada para ser empregada como domicilio.
O seu arquitecto foi Frank Lloyd Wright, e levou a cabo seu proxecto entre os anos 1936 e 1939. A casa conta coa influencia de dous estilos arquitectónicos: arquitectura moderna e arquitectura orgánica.
Nesta arquitectura destacan máis as características da arquitectura orgánica, a cal foi acuñada polo arquitecto, e que destaca pola sua filosofía da armonía entre o hábitat humano e o mundo natural. Mediante o deseño da arquitectura, o artista busca a integración dela como un obxecto máis do lugar, facendo que o edificio sexa parte do entorno.



Fontes consultadas:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_persistencia_de_la_memoria
http://es.wikipedia.org/wiki/Surrealismo
http://www.arteespana.com/surrealismo.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Las_se%C3%B1oritas_de_Avignon
http://es.wikipedia.org/wiki/Cubismo
http://www.arteespana.com/cubismo.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Cinco_mujeres_en_la_calle
http://es.wikipedia.org/wiki/Expresionismo
http://www.arteespana.com/expresionismo.htm
http://listas.20minutos.es/lista/mejores-obras-de-arquitectura-62252/
http://www.cosasdearquitectos.com/2014/01/villa-savoye-1929-le-corbusier-una-vivienda-que-revoluciono-la-arquitectura/
http://es.slideshare.net/alfredorfarojas/analisis-de-la-villa-savoye-le-corbusier
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_moderna
http://es.wikipedia.org/wiki/Pabell%C3%B3n_alem%C3%A1n_(Barcelona)
http://es.wikiarquitectura.com/index.php/Pabell%C3%B3n_Alem%C3%A1n_en_Barcelona
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_moderna
http://es.wikipedia.org/wiki/Casa_de_la_Cascada
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_org%C3%A1nica
http://www.altonivel.com.mx/arquitectura-organica-armonia-entre-construccion-y-naturaleza.html

sábado, 2 de mayo de 2015

Cultura e arte en España no século XIX

* Francisco de Goya *



A carga dos mamelucos é un cuadro pintado por Francisco de Goya no ano 1814. Nese cabe destacar a fin do Imperio Napoleónico en Europa, así como a fin do reinado de Xosé Bonaparte en España. A obra pertence ao romanticismo, que comenzou no século XVIII, e foi caracterizado pola propiedade que lle atribuía aos sentimentos e pola ruptura coa tradición clásica. A pintura trata un tema histórico mediante o que conta como os españois levantáronse contra os franceses (representados polos mamelucos) o 2 de Maio.


* Fortuny *



La Vicaria é un cuadro pintado por Fortuny no ano 1863. Nese tempo España tópase baixo o reinado de Isabel II nos Últimos Anos, onde o país está nunha crise financieira e de subsistencia. A obra pertence ao realismo, que comezou no século XIX, e pretendía representar a realidade da maneira máis fidedigna posible. A pintura trata un tema da vida cotiá, sendo neste caso a firma dun matrimonio nas oficinas eclesiásticas.  Joaquín Sorolla


* Joaquín Sorolla *



Verano é un cuadro pintado por Joaquín Sorolla no ano 1904. Durante ese tempo reinou en España Alfonso XIII, que estivo ao poder cando se producio a guerra do Rif e o nacionalismo catalán. A obra pertence ao impresionismo, que comezou na segunda metade so século XIX, e que tentaba plasmar a luz e o instante. A pintura é un claro exemplo do estilo porque pódese percibir como a partir de pintar as zonas con máis luz do paisaxe vaise formando este, omitindo os pequenos detalles e centrándose na luz. Esta trata un tema da vida cotiá mezclado con retrato, xa que está a debuxar a uns nenos a praia.


* Gaudí *

Gaudí - Casa Vicens.JPG

La casa Vicens foi creada por Gaudí entre os anos 1883 e 1888. Durante ese período estivo reinando Alfonso XII, pero logo Mª Cristina de Habsburgo pasou a ser rexenta no 1885, e foi nese cando comezou a Restauración Borbónica. A arquitectura pertence ao modernismo (catalán), que comezou a finais do século XIX, e que se caracterizou polas novidades que incorporou á arquitectura, como o uso da vexetación. Esta casa, de tema residencial, foi diseñada por encargo de Manuel Vicens I, quen buscaba unha segunda residencia para pasar os veráns coa súa familia.