sábado, 30 de mayo de 2015

As primeiras vangardas do século XX

La persistencia de la memoria 



A persistencia da memoria é un cadro pintado por Salvador Dalí no ano 1931.
A obra pertence ao surrealismo, que comezou no 1920, e que foi destacado por basearse no azar e polo emprego de técnicas automatistas.


Las señoritas de Avignon



As señoritas de Avignon é un cadro pintado por Pablo Picasso no ano 1907.
A obra pertence ao cubismo, que foi desenvolvido entre os anos 1907 e 1914, e que foi considerado a primeira vangarda xa que rompeu cos estatutos renacentistas.
Caracterízase por tratar as formas da natureza por medio de figuras xeométricas fragmentando liñas e superficies.


Mujeres en la calle



Mulleres na rúa é unha pintura realizada por Kirchner no ano 1914.
A obra pertence ao expresionismo, que comezou a principios do século XX, e que converteuse nunha das primeiras vangardas.
Caracterízase polo que defendían os expresionistas: un arte máis persoal e intuitivo, onde predominase a visión interior do artista fronte á plasmación da realidade. Tamén se di que o expresionismo é a deformación da realidade para expresar de forma máis subxectiva a natureza e o ser humano, sendo dese xeito máis importante a expresión dos sentimentos que á descrición obxectiva da realidade.


El pabellón alemán (Pavelló alemany) de Mies Van der Rohe



pabellon barcelona

O pabellón alemán é unha arquitectura pensada para albergar a recepción do rei Alfonso XIII e ás autoridades alemás, pretendendo simbolizar así o progreso dentro da cultura moderna despois da I Guerra Mundial. 
O seu arquitecto foi Ludwing Mies Van der Rohe que levou a cabo o proxecto entre os anos 1928 e 1929. 
A casa conta coa influencia da arquitectura modernista, que comezou no século XX, caracterizouse pola simplificación das formas e a ausencia de ornamento; ademáis cambiou os sous aspectos clásicos polas primerias vangardas, tamén chamadas arte moderno, como o cubismo ou o expresionismo.


Villa Saboya (de Poissy)



A Villa Saboya é unha arquitectura pensada para ser empregada como domicilio e de exemplo sobre o que deberían ser os cinco puntos para unha nova arquitectura, sendo estes: elevación sobre pilares, planta libre, fachada libre, ventá corrida e cuberta na terraza-xardín.
O aspecto dos cinco puntos caracterizou ó seu arquitecto Charles Edouard Jeanneret, máis coñecido como Le Corbusier.
O estilo considérase da arquitectura Internacional, orixinaria do século XX, e que comparte ás características máis puristas da arquitectura moderna.
 Caracterizouse polo énfasi na ortogonalidade e o uso de superficies lisas libres de ornamentos.


La Casa de la Cascada



A Casa da Cascada é una arquitectura pensada para ser empregada como domicilio.
O seu arquitecto foi Frank Lloyd Wright, e levou a cabo seu proxecto entre os anos 1936 e 1939. A casa conta coa influencia de dous estilos arquitectónicos: arquitectura moderna e arquitectura orgánica.
Nesta arquitectura destacan máis as características da arquitectura orgánica, a cal foi acuñada polo arquitecto, e que destaca pola sua filosofía da armonía entre o hábitat humano e o mundo natural. Mediante o deseño da arquitectura, o artista busca a integración dela como un obxecto máis do lugar, facendo que o edificio sexa parte do entorno.



Fontes consultadas:
http://es.wikipedia.org/wiki/La_persistencia_de_la_memoria
http://es.wikipedia.org/wiki/Surrealismo
http://www.arteespana.com/surrealismo.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Las_se%C3%B1oritas_de_Avignon
http://es.wikipedia.org/wiki/Cubismo
http://www.arteespana.com/cubismo.htm
http://es.wikipedia.org/wiki/Cinco_mujeres_en_la_calle
http://es.wikipedia.org/wiki/Expresionismo
http://www.arteespana.com/expresionismo.htm
http://listas.20minutos.es/lista/mejores-obras-de-arquitectura-62252/
http://www.cosasdearquitectos.com/2014/01/villa-savoye-1929-le-corbusier-una-vivienda-que-revoluciono-la-arquitectura/
http://es.slideshare.net/alfredorfarojas/analisis-de-la-villa-savoye-le-corbusier
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_moderna
http://es.wikipedia.org/wiki/Pabell%C3%B3n_alem%C3%A1n_(Barcelona)
http://es.wikiarquitectura.com/index.php/Pabell%C3%B3n_Alem%C3%A1n_en_Barcelona
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_moderna
http://es.wikipedia.org/wiki/Casa_de_la_Cascada
http://es.wikipedia.org/wiki/Arquitectura_org%C3%A1nica
http://www.altonivel.com.mx/arquitectura-organica-armonia-entre-construccion-y-naturaleza.html

No hay comentarios:

Publicar un comentario